martes, 5 de abril de 2011

ESPARTACO mañá mércores as 18:00 na aula 6.

Mañá mércores día 6 de abril proxectaremos Espartaco as 18:00 na aula 6.

Mañá toca un clásico do cine, creada en 1960, coa participación de un elenco de grandes actores, encabezado por Kirk Douglas, contaremos para unha explicación previa con un profesor do departamento de Historia I.



miércoles, 23 de marzo de 2011

1492: LA CONQUISTA DEL PARAISO mañá xoves día 24 as 18:00 na aula 9.


Mañá xoves día 23 de marxo proxectaremos 1492: La conquista del paraiso as 18:00 na aula 9. 
Producción realizada con motivo do cincocentos aniversario do descubrimento de América; incluso se chegou a estrear o 12 de outubro de 1992. Contamos nela con dous míticos da gran pantalla: Sigourney Weaver e Gerard Depardieu.  Ridley Scott é o director, a quen todos coñeceredes, ou polo menos a súa obra, xa que fixo "El reino de los cielos", "Gladiator" ou "Blade Runner" entre outras. Outro feito a destacar é a súa banda sonora creada por Vangelis, quen tamén fixo a de "Carros de fuego".

O film seguro que vos axuda dunha maneira ou de outra nos vosos traballos para Hª de América da próxima semana. 

1492: La conquista del paraiso:
Ano: 1992
Duración: 149 min
País: Coproducción europea
Director: Ridley Scott
Reparto: Gerard Depardieu, Sigourney Weaver, Armand Assante, Fernando Rey, Ángela Molina, Arnold Vosloo...
Premios: Nomida ó Globo de Oro á Mellor banda sonora en 1993 e en 1992 á mellor fotografía pola British Society.
Sinopse: "Cristóbal Colón soña con atopar unha ruta marítima nova que permita a Castilla chegar directamente ós mercados de Asia. Colón presentara o seu proxecto ó rey de Portugal, pero os expertos o rexeitaron. Tamén en Castilla foi rexeitado nun principio. A pesar de todo, Colón consigue a axuda do pai Marchena e do armador Alonso Pinzón. Finalmente o 3 de agosto de 1492 Colón zarpa do porto de Palos, descoñecendo que entre Asia e Europa había un continente e mais un oceano, que non salian nos mapas. O 12 de outubro as caravelas chegan a isla de Guanahani, chamada San Salvador. "Comeza entón uns dos capítulos mais brillantes da Historia da humanidade.."*

*Información das características da película cortesía de FILLMAFINITY (http://www.filmaffinity.com/)

miércoles, 16 de marzo de 2011

EN BUSCA DEL FUEGO, mañá xoves día 17 as 18:00 na aula 9.

Mañá xoves as 18:00 na aula 9 vaise proxectar "En busca del fuego" de Jean Jaques Annaud, a quen xa coñecemos, no cineclub; como director , co filme, "El nombre de la rosa" e con outras grandes obras ainda non proxectadas como "Siete años en el Tibet" ou "Enemigo a las puertas".

Para comentala mesma contaremos co profesor de prehistoria Antón Rodriguez Casal:

EN BUSCA DEL FUEGO:
Ano: 1981
Duración:. 103 min. aprox.
País: Francia
Director: Jean Jaques Annaud
Reparto: Everett McGill, Rae Dawn Chong, Ron Perlman, Nameer El-Kadi, Gary Schwartz...
Sinopse: Trama ambientada integramente na prehistoria na que tres tribus de hominidos buscan formas de conseguir facer lume. Como anécdota, os diálogos son unha linguaxe creada por Anthony Burgess. A obra se trata dunha libre adaptación da novela de J-H Rosny Aisné.

*Información das carácterístcas da película cortesía de FILLMAFINITY (http://www.filmaffinity.com/)

miércoles, 9 de marzo de 2011

EL SENTIDO DE LA VIDA, mañá xoves día 10, as 17:00 na aula 13.

Aproveitando o entroido, e que non tiven tempo, sentidoo moito, para organizar unha película coa súa correspondente charla, vaise proxectar un clásico do cine cómico, mañá xoves as 17:00 na aula 13, "El sentido de la vida".

Se trata da cuarta película realizada polo grupo cómico Monty Python, ainda que non é propiamente histórica, si que reflicte certos aspectos da realidade histórica británica cun toque de humor inglés.

EL SENTIDO DE LA VIDA:
Ano: 1983
Duración:. 103 min. aprox.
País: Inglaterra
Director: Terry Jones, Terry Gilliam
Reparto: John Cleese, Michael Palin, Graham Chapman, Eric Idle, Terry Jones, Terry Gilliam, Carol Cleveland, Simon Jones, Patricia Quinn, Judy Loe...
Sinopse: Unha das comedias mais famosas dos Monty Pyton, na que a través de varios sketches mostran de forma irrisoria os momentos mais importantes do ciclo da vida. Dende o nacemento á morte, pasando por outros temas como a filosofía, a historia ou a medicina todo tratado co inconfundible humor dos cómicos ingleses.
 
*Información das carácterístcas da película cortesía de FILLMAFINITY (http://www.filmaffinity.com/)

viernes, 25 de febrero de 2011

Terceira proxección: EL NOMBRE DE LA ROSA próximo mércores día 2 as 18:00 na Aula 13.

El nombre de la Rosa será proxectada o mércores día 2 de marzo ás 18:00 na Aula 9.

 Estupenda adaptación da novela homónima de Umberto Eco, cunha gran actuación de Sean Connery. A película reflicte a realidade monástica do século XIV, xunto co papel da inquisición, dos conflictos internos da Igrexa; como herexías, bruxería...

Para unha aproximación histórica o profesor de Historia Medieval José Andrade Cernadas, quen nos recomendou a película xunto con outras como Becket; fará unha breve charla introductoria antes da mesma. Agradecémoslle dende aquí a súa axuda.








EL NOMBRE DE LA ROSA:
Ano: 1986
Duración:. 130 min. aprox.
País: Alemania
Director: Jean-Jacques Annaud
Reparto: Sean Connery, Christian Slater, F. Murray Abraham, Michael Lonsdale, Valentina Vargas...
Sinopse: Siglo XIV: Fray Guillermo de Bakerville (Connery), monxe franciscano e antigo inquisidor, e o seu inseparabel discípulo, o novicio Adso de Melk (Christian Slater) visitan unha abadía benedictina, situada no norte de Italia para reunirse, xunto con outras eminencias da orden; cunha legación papal, durante a súa estancia na abadía desaparecen misteriosamente outros monxes, que despois aparecen mortos. Lentamente, gracias a súa propia investigación Guillermo irá esclarecendo os feitos. Ó parecer os asesinados están relacionados con un antigo tratado sobre a risa.

*Información das carácterístcas da película cortesía de FILLMAFINITY (http://www.filmaffinity.com/)

viernes, 18 de febrero de 2011

Segunda proxección: EL ÚLTIMO VALLE próximo mércores día 23 ás 18:00 na Aula 7.


Continuamos coas proxeccións: a seguinte película será exposta o próximo mércores día 23 as 18:00 na Aula 7 (planta baixa).: El último valle.

Debido ás continuas referencias que se dan en clase de Hª Moderna sobre a Guerra dos 30 anos, e a escasa mención que se fixo sobre a mesma en Hª Moderna I decidiuse proxectar este filme; basado nela.

Para unha introducción previa, sobre o tema; contaremos coa presencia do profesor Domingo González Lopo o cal nos recomendou esta e outras varias filmacións ambientadas na Idade Moderna que se irán representando ó longo do curso. Dende aquí queremos agradecerlle a súa aberta colaboración. 
EL ÚLTIMO VALLE:
Ano: 1970
Duración: 128 min.
País: Inglaterra
Director: James Clavell
Reparto: Michael Caine, Omar Sharif, Florinda Bolkan, Nigel Davenport, Per Oscarsson, Arthur O,Connell...

Sinopse: Ambientada na Guerra dos 30 anos, en 1637. Durante unha das súas viaxes, Vogel, un antigo profesor, chega a un pobo nun fermoso val que non fora afectado pola guerra que asolaba ós arredores. Un exército de mercenarios tamén o descubre, e aceptan a oferta de Vogel de quedarse a pasar o inverno a cambio de protexer o pobo. Pero o estilo de vida dos mercenarios choca co dos habitantes do lugar e a violencia aparece... 

*Información das carácterístcas da película cortesía de FILLMAFINITY (http://www.filmaffinity.com/)

Para calquera cuestión este é o noso correo: cineclubfachistoria@yahoo.es

martes, 15 de febrero de 2011

Primeira proxección: BECKET hoxe mércores as 18:00 na Aula 9.


Hoxe mércores as 18:00 na Aula 9 (ó lado de secretaría)   vaise proxectar a primeira película do cineclub: Becket.
Tíñamos pensado que José Andrade o mestre de Medieval fixera unha charla introductoria sobre a mesma, pero lamentablemente lle é imposible. De todos modos seguro que colabora con nos mais adiante.

Este filme está encadrado no Tema 4 de Hª Medieval sobre a evolución política dos reinos occidentais nos séculos XI-XII. E é unha interesante achega á realidade do Reino de Inglaterra da época.

BECKET:
Ano: 1964
Duración: 148 min
País: Inglaterra
Director: Peter Genville
Reparto:Richard Burton, Peter O,Toole, John Gielgud, Donald Wolfit, Martita Hunt...
Premios: Pese estar nominada a nada menos que 12 Oscars so gañou o de mellor guión adaptado, de 1964. E o Globo de Ouro á mellor película de drama.

Sinopse: Drama histórico no que se narran os enfrentamentos entre Enrique II Plantagenet, rei de Inglaterra, e Thomas Becket, serviente do rei que chegou a ser canceler e despois arzobispo de Canterbury (dende 1162). Os problemas entre ambos comezan cando en 1164 (Constitución de Clarendon) o rei leva a cabo unha reforma do sistema xudicial que reduce substancialmente as atribucións da Iglesia.

*Información das carácterístcas da película cortesía de FILLMAFINITY (http://www.filmaffinity.com/)