El nombre de la Rosa será proxectada o mércores día 2 de marzo ás 18:00 na Aula 9.
Estupenda adaptación da novela homónima de Umberto Eco, cunha gran actuación de Sean Connery. A película reflicte a realidade monástica do século XIV, xunto co papel da inquisición, dos conflictos internos da Igrexa; como herexías, bruxería...
Para unha aproximación histórica o profesor de Historia Medieval José Andrade Cernadas, quen nos recomendou a película xunto con outras como Becket; fará unha breve charla introductoria antes da mesma. Agradecémoslle dende aquí a súa axuda.
EL NOMBRE DE LA ROSA:
Ano: 1986
Duración:. 130 min. aprox.
País: Alemania
Director: Jean-Jacques Annaud
Reparto: Sean Connery, Christian Slater, F. Murray Abraham, Michael Lonsdale, Valentina Vargas...
Sinopse: Siglo XIV: Fray Guillermo de Bakerville (Connery), monxe franciscano e antigo inquisidor, e o seu inseparabel discípulo, o novicio Adso de Melk (Christian Slater) visitan unha abadía benedictina, situada no norte de Italia para reunirse, xunto con outras eminencias da orden; cunha legación papal, durante a súa estancia na abadía desaparecen misteriosamente outros monxes, que despois aparecen mortos. Lentamente, gracias a súa propia investigación Guillermo irá esclarecendo os feitos. Ó parecer os asesinados están relacionados con un antigo tratado sobre a risa.
*Información das carácterístcas da película cortesía de FILLMAFINITY (http://www.filmaffinity.com/)



