Mañá xoves día 23 de marxo proxectaremos 1492: La conquista del paraiso as 18:00 na aula 9.
Producción realizada con motivo do cincocentos aniversario do descubrimento de América; incluso se chegou a estrear o 12 de outubro de 1992. Contamos nela con dous míticos da gran pantalla: Sigourney Weaver e Gerard Depardieu. Ridley Scott é o director, a quen todos coñeceredes, ou polo menos a súa obra, xa que fixo "El reino de los cielos", "Gladiator" ou "Blade Runner" entre outras. Outro feito a destacar é a súa banda sonora creada por Vangelis, quen tamén fixo a de "Carros de fuego".
O film seguro que vos axuda dunha maneira ou de outra nos vosos traballos para Hª de América da próxima semana.
1492: La conquista del paraiso:
Ano: 1992Duración: 149 min
País: Coproducción europea
Director: Ridley Scott
Reparto: Gerard Depardieu, Sigourney Weaver, Armand Assante, Fernando Rey, Ángela Molina, Arnold Vosloo...
Premios: Nomida ó Globo de Oro á Mellor banda sonora en 1993 e en 1992 á mellor fotografía pola British Society. Sinopse: "Cristóbal Colón soña con atopar unha ruta marítima nova que permita a Castilla chegar directamente ós mercados de Asia. Colón presentara o seu proxecto ó rey de Portugal, pero os expertos o rexeitaron. Tamén en Castilla foi rexeitado nun principio. A pesar de todo, Colón consigue a axuda do pai Marchena e do armador Alonso Pinzón. Finalmente o 3 de agosto de 1492 Colón zarpa do porto de Palos, descoñecendo que entre Asia e Europa había un continente e mais un oceano, que non salian nos mapas. O 12 de outubro as caravelas chegan a isla de Guanahani, chamada San Salvador. "Comeza entón uns dos capítulos mais brillantes da Historia da humanidade.."*
*Información das características da película cortesía de FILLMAFINITY (http://www.filmaffinity.com/)



