lunes, 14 de febrero de 2011

Nace o cineclub da Fac. de Historia da USC

Benvidos ó blog do cineclub da Fac. de Historia, esta iniciativa nace principalmente adicada ós alumnos de Grado e Licenciaura de Hª; como complemento á docencia aproveitando o gran número de películas que reflicten feitos históricos.
Nas proxeccións tentarase; na medida do posible; de conxugar a calidade cinematográfica coa veracidade histórica, con películas que aborden temas recentemente tratados nas clases teóricas. Sendo unha maneira diferente de achegarnos a realidade, da época en cuestión; sen ter que enfrentarnos directamente cos dichosos apuntes.
As proxeccións comezarán moi pronto, o que si vos agradecería é que mandárades un correo a cineclubfachistoria@yahoo.es para confirmar a asistencia xa que como todos sabedes as aulas non abundan na nosa facultade e non estaría de mais coñecer un aforo aproximado para pedir a aula adecuada en secretaría.

Se tendes algunha cuestión ou recomendación para proxectar algunha película que vos resulte interesante non dudedes en facermo chegar, en clase, aquí en forma de comentario ou ó correo: cineclubfachistoria@yahoo.es
Polo de agora se pensou nunha proxección semanal, que sería a partir das 18:00, pero todo depende das aulas dispoñibles.
Un saudo a tod@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario