martes, 15 de febrero de 2011

Primeira proxección: BECKET hoxe mércores as 18:00 na Aula 9.


Hoxe mércores as 18:00 na Aula 9 (ó lado de secretaría)   vaise proxectar a primeira película do cineclub: Becket.
Tíñamos pensado que José Andrade o mestre de Medieval fixera unha charla introductoria sobre a mesma, pero lamentablemente lle é imposible. De todos modos seguro que colabora con nos mais adiante.

Este filme está encadrado no Tema 4 de Hª Medieval sobre a evolución política dos reinos occidentais nos séculos XI-XII. E é unha interesante achega á realidade do Reino de Inglaterra da época.

BECKET:
Ano: 1964
Duración: 148 min
País: Inglaterra
Director: Peter Genville
Reparto:Richard Burton, Peter O,Toole, John Gielgud, Donald Wolfit, Martita Hunt...
Premios: Pese estar nominada a nada menos que 12 Oscars so gañou o de mellor guión adaptado, de 1964. E o Globo de Ouro á mellor película de drama.

Sinopse: Drama histórico no que se narran os enfrentamentos entre Enrique II Plantagenet, rei de Inglaterra, e Thomas Becket, serviente do rei que chegou a ser canceler e despois arzobispo de Canterbury (dende 1162). Os problemas entre ambos comezan cando en 1164 (Constitución de Clarendon) o rei leva a cabo unha reforma do sistema xudicial que reduce substancialmente as atribucións da Iglesia.

*Información das carácterístcas da película cortesía de FILLMAFINITY (http://www.filmaffinity.com/)

2 comentarios:

  1. Bo inicio para esta gran idea, ainda que se puido botar en falta o comentario do noso querido profesor Andrade. Felicidades para os impulsores da idea e animo para levala adiante con éxito.

    ResponderEliminar
  2. Tamén faltou o coloquio final, pero bueno, a ver se para a próxima ;)

    Por certo, ocorréuseme un curioso paralelismo:

    Dous Tomases: Thomas Becket e Thomas More. Dous Enriques: Enrique II e Enrique VIII. Ó principio Thomas Becket e Enrique II eran grandes amigos, igual que Thomas More e Enrique VIII. De feito, ambos Tomases foron cancilleres. Logo, por desacordos relixiosos enemistáronse cos seus reis. Crese que o asasinato de Thomas Becket foi ordenado, ou polo menos consentido por Enrique II, mentres que Enrique VIII directamente mandou encarcelar e xulgar a Thomas More (que foi decapitado). Pero ó final ambos Tomases acabaron gañando dalgunha maneira: ambos foron canonizados. É curioso XD

    ResponderEliminar